E chegou a fin de curso e chegou o verán! Gozade moito das vacacións, da familia, da praia, da montaña, do camping, da aldea, das viaxes...!
As tarefas que vos recomendo son axudar, sorrir, ceder, escoitar, desfrutar, entender, descansar, perdoar, aprender, vivir!! Moita sorte a todos! Que sexades moi felices❤
Deixo algún recordo fotográfico por aquí debaixo. ⬇
05/06/2023
NÚMEROS ROMANOS
Como estamos a ver o Imperio Romano en ciencias aproveitaremos estes últimos días de clase para traballar os números romanos. A semana pasada Sara fixo unha pequena e bonita exposición sobre este tema que sempre é un éxito asegurado.
Atende ao seguinte vídeo, trae ronda de preguntas!!!!
Agora preme no seguinte enlace para seguir practicando cuns xogos: XOGAR!
04/06/2023
🌍 5 XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e para aportar o noso gran de area faremos un visionamento de varias curtas nas que se trata este tema.
🚶♀️ Tamén realizaremos unha andaina pola contorna do cole para valorar, repectar e coidar o espazo natural que nos rodea, durante a cal recolleremos lixo que nos vaiamos atopando. Esta andaina será unha actividade colectiva compartida na que participa todo o alumnado e profesorado do noso centro.
Curta 1: "COIDA A AUGA"
Nesta curta vese como moitas das nosas accións diarias condicionan a vida do noso planeta.
Curta 2: " BASURIA"
Nesta curta trátase a importancia de poñer en práctica os 3 R: reducir, reutilizar e reciclar para vivir en harmonía coa natureza, nun lugar limpo para todos. Tamén se trata de valores como colaboración, civismo, convivencia, traballo en equipo...