26/10/2022

🌋APRENDO SOBRE: OS VOLCÁNS



23/10/2022

A XEOSFERA

A xeosfera é a parte rochosa e sólida do noso planeta. Vai dende a superficie ata o seu interior. Está formada por tres capas: núcleo (interno e externo), manto e codia. Ademais, a codia, xunto coa parte máis externa do manto, chámaselle LITOSFERA.



IMOS COMPROBAR SI PRESTACHES ATENCIÓN. FAI A SEGUINTE ACTIVIDADE:


🎃 CHEGA O SAMAÍN!


22/10/2022

💪 ESFORZO E MENTALIDADE DE CRECEMENTO

"EASY LIFE" (en inglés, vida fácil) é o título dunha curtametraxe de animación que explica o valor do esforzo, da honestidade e do traballo diario.

Esta curta amósanos dunha forma moi orixinal as consecuencias de tomar o camiño fácil para conseguir as metas que queremos alcanzar.

Ademais de reflexionar sobre o esforzo persoal, a curta plantexa a importancia da educación e o seu efecto transformador.

Con esforzo todo se pode conseguir!


20/10/2022


ESTILO DIRECTO VS ESTILO INDIRECTO
Na clase estamos a ver que cando escribimos un texto e queremos poñer o que di alguén, podemos usar dous estilos diferentes, é dicir, facelo de dúas formas: 
ESTILO DIRECTO: É cando reproducimos exactamente as palabras que dixo alguén. Aquí usamos os dous puntos (:) e a raia do diálogo ou as comiñas (").  
ESTILO INDIRECTO: É cando contamos coas nosas palabras o que alguén dixo.
 
Estes dous estilos son moi útiles á hora de redactar textos e contar historias.
A ver se quedou claro!

 A MULTIPLICAR!

Esta semana comezaremos coas multiplicacións por 2 e 3 cifras na clase así que recordade repasar as táboas de multiplicar na casa todos os días un chisquiño, por favor. 

E agora déixovos unhas contas para adestrar o cerebro! Cando as rematedes, dádelle a comprobar os resultados. 


18/10/2022

 DENTE DE LEÓN: CURIOSIDADES

Na clase xurdiu a curiosidade sobre a reprodución dunha flor que nos gusta moito: o dente de león. Mira este incrible vídeo que documenta o ciclo de vida do dente de león. Foi filmado ao longo de todo un mes de forma continuada. Interesante, verdade?




Para saber máis: 

Os dentes de león poden florecer durante longos períodos de tempo, pero son máis visibles en maio e xuño. 
As floreciñas desenvólvense desde o centro, florecendo nunha cabeza circular de flor. 
Despois de florecer durante un par de días, a cabeza da flor péchase e as sementes desenvólvense dentro da cabeza pechada.
A medida que se forman as sementes, o talo da flor esténdese máis alto para que poida chegar á brisa.
As sementes teñen un penacho de filamentos que funcionan como un paracaídas e flotan no vento.
De media, unha soa planta de dente de león pode producir 10 cabezas de flores. Cada cabeza de flor ten 150-200 floreciñas, e cada floreciña produce 1 semente. Iso significa que unha soa planta pode producir ata 2000 sementes!






16/10/2022

 OPERACIONES COMBINADAS

Para resolver operacións combinadas, sigue estes pasos:

1º Resolve as operacións entre paréntese.

2º Fai as multiplicacións e divisións.

3º Fai as sumas e restas de último.


✏ Agora tócache a ti!


12/10/2022

 🌺FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

A función principal das flores é realizar a reprodución da planta. Recordas as partes dunha flor?


Partes dunha flor, una ficha interactiva de zapdocente
liveworksheets.com
Agora, intenta ordenar a secuencia das etapas na reprodución dunha planta: 


10/10/2022

 ✖MULTIPLICACIÓN: PROPIEDAD CONMUTATIVA , ASOCIATIVA Y DISTRIBUTIVA




👀 ACENTUACIÓN DE PALABRAS

Repasa as normas básicas de acentuación de palabras agudas, graves e esdrúxulas.



09/10/2022

 PALABRAS SINÓNIMAS Y ANTÓNIMAS




7 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DO SORRISO😀

O pasado venres celebrouse o día do sorriso e que mellor maneira que comezar esta semana cun sorriso na cara e falando sobre a importancia da amabilidade. Para abordar este tema en valores lemos unha historia, vimos unha curtametraxe titulada "Sr. Indiferente" e levamos a cabo unhas actividades moi "amables". 



05/10/2022

 PALABRAS AGUDAS

Agora fai a seguinte actividade interactiva e comprobarás se dominas a norma de ortografía.


 AS PLANTAS

As plantas son seres vivos e como tal realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. En clase estamos aprendendo en que consiste cada unha destas funcións. Aquí vos deixo algún vídeo que volo explica. Ademais, poderedes enterarvos dalgún dato curioso sobre as mesmas.


04/10/2022

BO DÍA! 

BENVIDOS E BENVIDAS AO BLOG DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA! AQUÍ COMEZA UNHA ANDAINA QUE NOS LEVARÁ A SURFEAR POLAS AUGAS DO COÑECEMENTO, DA DIVERSIÓN E DO COMPAÑEIRISMO DURANTE ESTE CURSO. 
ANÍMASTE A MERGULLARTE NESTA AVENTURA? 



 ❤ RECORDOS FOTOGRÁFICOS  E chegou a fin de curso e chegou o verán! Gozade moito das vacacións, da familia, da praia, da montaña, do campin...