18/12/2022

 O MELLOR DO NADAL

Nesta curta recordamos que o mellor do Nadal, o que realmente conta, non está envolto en papel de agasallo. O que conta atópase nun sorriso, na boa compaña, nunha aperta verdadeira ou nun simple bico. Bo Nadal a todos e todas!



 🤶CREAMOS HISTORIAS NAVIDEÑAS


10/12/2022

 10 D: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


AOS NOSOS MAIORES: NON ESTADES SÓS!


 "BLOBBY"

Blobby narra unha historia a través da vellez e a soidade. Os seus protagonistas son un ancián e un curioso compañeiro representado por unha gran masa de cor gris que o acompaña.


Esta curta aborda un tema de grande importancia: envellecer é unha fortuna, pero no camiño podemos atoparnos con compañeiros non desexados como a soidade.

Reflexionemos entre todos:

Non convirtamos en invisibles aos que nos deron a vida e a posibilidade de vivir nun mundo mellor! Non estades sós!!


Outras curtas sobre a relación cos nosos maiores son as seguintes:





En clase lemos a seguinte noticia que se fixo viral estes días a traves dos medios de comunicación e decidimos colaborar con esta marabillosa iniciativa enviando tamén cartas e postais solidarias. 


06/12/2022

 🎄CALENDARIO DE ADVENTO REFRANEIRO

Se tes curiosidade por saber refráns este é o teu calendario! Empeza a conta atrás cara a Noiteboa e o Nadal! 

Chegarás a estas datas sabendo un pouco máis da cultura popular galega!


04/12/2022

CURIOSIDADES SOBRE AS ESTRELAS DE MAR

Relacionado co proxecto anual de centro titulado "POR UN PLANETA MÁIS VIVO" todos os cursos estamos a facer uns murais de aula que representen a diversidade mariña que se atopa nos fondos oceánicos. 

En 4º estamos a facer un mural sobre os equinodermos, animais mariños invertebrados que teñen un esquelete interno. Algúns exemplos destes animais serían: as estrelas de mar, os ourizos de mar e os pepinos de mar. 

No seguinte vídeo amosamos curiosidades sobre as estrelas de mar para coñecer un pouco máis en profundidade a estes animais.

 3D: DÍA DAS DISTINTAS CAPACIDADES

O día 3 de decembro celebramos o Día das Distintas Capacidades baixo o lema "TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS"  e dende o cole queremos visibilizar este día traballando valores tan importantes como a capacidade de superación, a resiliencia, a diversidade, etc.

Para iso, comezamos visualizando unha curtametraxe titulada "El regalo" , despois reflexionamos sobre as emocións e sentimentos que aparecen na mesma e damos a nosa opinión ao respecto.

Esta curta conta a historia dun neno que vive refuxiado na súa zona de confort, pechado na súa casa xogando a videoxogos, ata que recibe un agasallo moi especial que fará que mude a súa forma de ver a vida. 

Vémolo?





 ❤ RECORDOS FOTOGRÁFICOS  E chegou a fin de curso e chegou o verán! Gozade moito das vacacións, da familia, da praia, da montaña, do campin...