Na clase estamos a ver que cando escribimos un texto e queremos poñer o que di alguén, podemos usar dous estilos diferentes, é dicir, facelo de dúas formas:
ESTILO DIRECTO: É cando reproducimos exactamente as palabras que dixo alguén. Aquí usamos os dous puntos (:) e a raia do diálogo ou as comiñas (").
ESTILO INDIRECTO: É cando contamos coas nosas palabras o que alguén dixo.
Estes dous estilos son moi útiles á hora de redactar textos e contar historias.
A ver se quedou claro!


Ningún comentario:
Publicar un comentario