07/05/2023

 💚PLANETA PATIO: PATIOS PARA TODOS

Durante esta semana o alumnado de 4º collerá as rendas da proxecto titulado "Planeta Patio" que ten como obxectivo principal concienciar a todo o alumnado da importancia de ter un patio limpo e coidado: xuntos sumamos.

E, tendo en conta que o día 2 de maio se celebrou o día escolar contra o acoso, aproveitaremos para unificar ecoloxismo e valores como empatía, tolerancia e convivencia no noso patio. 

En valores visualizaremos a seguinte curta que nos fará reflexionar sobre este asunto: por un patio para todos!




E un pouco de música e crítica construtiva para amenizar o tema... 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

 ❤ RECORDOS FOTOGRÁFICOS  E chegou a fin de curso e chegou o verán! Gozade moito das vacacións, da familia, da praia, da montaña, do campin...